miércoles, 11 de marzo de 2009


XXV Aniversario

No ano 2009 cúmprense 25 anos dende a creación da asociación cultural Lembranzas da Ría (1984-2009). Por este motivo, dende a Asociación quérese felicitar e dar as gracias a todas aquelas persoas que formaron parte do grupo ó longo deste lustro, xa que todos eles contribuíron a escribir a historia desta agrupación.

Para conmemorar este cuarto de século de vida, celebrarase unha gala XXV Aniversario no Auditorio Municipal de Cangas o domingo 11 de outubro de 2009 (véspera do día do Pilar), a partir das 20:00 horas. Nela participarán, ademais das actuais formacións da Asociación, antigos compoñentes do grupo que se mostraron interesados en colaborar nesta gran festa que supón o XXV Aniversario.

Ó remate da Gala terá lugar unha cea para todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte do grupo ó longo destes 25 anos. É necesaria confirmación previa.

Ademais, a asociación gravará un disco ó longo deste ano.


Hai algún pequeno cambio na páxina web, con motivo do XXV Aniversario da Asociación neste ano (1984-2009).

martes, 16 de septiembre de 2008



Bota a andar o curso 2008/09 da Escola de baile e música tradicionais Lembranzas da Ría.
As clases comezan o sábado 4 de outubro de 2008 e rematan o sábado 27 de xuño de 2009. Os cursos impartidos cos seus respectivos horarios (suxeitos a posibles modificacións) son:




BAILE:

Venres:
- de 19:30 a 20:30 h. (Iniciación)
Sábados:
- de 16:15 a 17:15 h. (Pequenos)
- de 17:15 a 18:15 h. (Pequenos)
- de 18:30 a 19:30 h. (Iniciación)
- de 19:30 a 20:30 h. (Avanzado)
Mestre: Miguel Sotelo


PANDEIRETA E CANTO:

Xoves:
- de 20:00 a 21:00 h. (Iniciación)
Sábados:
- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)
- de 18:00 a 19:00 h. (Perfeccionamento)
- de 19:15 a 20:15 h. (Avanzado Mulleres)
- de 20:30 a 21:30 h. (Avanzado Homes)
Mestres: Lidia Piñeiro e Merchi Rodríguez



GAITA:

Xoves:
- de 19:00 a 20:00 h. (Iniciación)
- de 20:15 a 21:15 h. (Iniciación)
- de 21:30 a 22:30 h. (Avanzado)
Venres:
- de 19:00 a 20:30 h. (Perfeccionamento)
Sábados:
- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)
- de 18:00 a 19:00 h. (Iniciación)
Mestres: Bea Malvido e Roberto Sotelo



PERCUSiÓN:

Venres:
- de 20:00 a 21:00 h. (Avanzado)
Sábados:
- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)
Mestre: Sandro Sotelo



Para máis información ver o apartado cursos da nosa web ou chamar ó 670706147 (Miguel) ou ó 605094203 (Manolo).

miércoles, 20 de febrero de 2008


Xa temos páxina web!

Pois iso, que xa temos un sitio na rede onde poderedes vernos e coñecernos un pouco máis, saber algo da nosa historia, o que facemos, o que ofertamos, as distintas agrupacións que conforman a Asociación, como poñervos en contacto con nós... así como enterarvos dalgunhas novas ;) Visitádenos na web!


lunes, 1 de octubre de 2007



Un ano máis, a Asociación Cultural Lembranzas da Ría dá comezo ó curso escolar, ofertando as actividades de baile, gaita, percusión e canto e pandeireta. Estes cursos van dirixidos a tódalas persoas que queiran aprender, a partir de 5 anos de idade.


BAILE:

Sábados:
- de 16:30 a 17:30 h. (Avanzado)
- de 17:45 a 18:45 h. (de 5 a 14 anos)
- de 19:00 a 20:00 h. (Iniciación)
Mestre: Miguel Sotelo


PANDEIRETA E CANTO:

Sábados:
- de 16:00 a 17:00 h. (Iniciación Nivel 1)
- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación Nivel 2)
- de 18:00 a 19:00 h. (Avanzado Mulleres)
- de 19:00 a 20:00 h. (Avanzado Homes)
Mestres: Iniciación - Lidia Piñeiro ; Avanzado - Merchi Rodríguez


GAITA:

Xoves:
- de 19:00 a 20:00 h. (Nivel 2)
- de 20:00 a 21:00 h. (Nivel 4)
Sábados:
- de 17:00 a 18:00 h. (Nivel 1)
- de 18:00 a 19:00 h. (Nivel 3)
Mestre: Nivel 1 - Bea Malvido ; Nivel 2, Nivel 3 e Nivel 4 - Roberto Sotelo


PERCUSiÓN:

Venres:
- de 20:00 a 21:00 h. (Avanzado)
Sábados:
- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)
Mestre: Sandro Sotelo

lunes, 20 de agosto de 2007


Luns 20:
- Xacarandaina en Betanzos.
- SondeSeu en Melide.
- Miguel Bosé na Praza da Ferraría en Pontevedra ás 22:30 h.

Mércores 22:
- Brath en Pontecaldelas ás 22:00 h.
- María do Ceo no paseo marítimo de Moaña ás 23:00 h.

Xoves 23:
- El Chivi (porno autor) no Pub Ache en Seixo, Marín, ás 23:00 h.
- Treixadura e Orfeón na Casa da Torre en Redondela ás 23:00 h.
- Milladoiro no Parque da Palma de Baiona.

Venres 24:
- Lamatumbá na Praza da Lama das Quendas en Chantada (Lugo).
- Sondeseu en Miño. (Vai de Camiño 07)
- Narf e Budiño en Muxía. (Vai de Camiño 07)
- Festa do Viño de Salvaterra: Zurrumalla e Ardentía 22:30 h.
- Festival Rebumbio (Tameiga-Mos) Repichoca con Os Veraneantes às 22:30 h.

Sábado 25:
- Encontro Folclórico Malveiras: Xirandola, Rancho Folclórico Canidelo, Lembranzas da Ría e Malveiras, na Praza da Peixería en Vilagarcía ás 22:30 h.
- Festival Rebumbio (Tameiga-Mos) Sessión Vermú às 12:00 e Romaria Popular con Malvela, Ludovaina, Os Veraneantes e Darrente a Parede.
Ás 22:00h Os Chiquilicuatres, The Turre's Band, Kogito e Os Cuchufellos.
- Tanghana Show + SOAK + Motor Perkins + La Tuna Rastafari no Centro Social A Tiradoura en Cangas ás 19:00 h.
- VI Noite da Lúa Meiga (O Viso): Pradairo, Treixadura + Orfeón e Tiruleque ás 21:30 h.
- O Fiadeiro en Ribeira no Paseo do Malecón ás 23:00
- Quempallou en Muros.
- Xacarandaina en Sada.
- Festival Folk de Guísamo (Bergondo): Rosa Cedrón, Antonio Placer, Dani López, Madialeva e Llan de Cubel.
- Festival Brincadeira en Ordes: Lamatumbá, Terrakota, Samesugas, Kastomá, Mofa e Befa ás 22:00 h. no campo de futbol (de balde).
- Mercedes Peón + Diego Maceiras + Dani Bellón en Pontedeume (Vai de Camiño 07)
- Anacos de Buxo no Museo Liste en Vigo ás 12:30 h.
- A Banda de Poi no bar A Pedra (Bembrive-Vigo).
- II Festa da Pandeira en Piornedo, Cervantes (Lugo).
- Orishas na Praza do Rei en Vigo.

Domingo 26:
- Marful en Celanova na Praza Maior.
- Treixadura en Noia.

martes, 14 de agosto de 2007

Luns 13:
- Batalla das Flores en Pontevedra.

Martes 14:
- Serán do Ghato en Vilariño (Cangas) ás 24:00 h.
- Cea e serán en beluso.
- Os Cempés en Foz ás 22:00 h.
- Milladoiro no escenario acuático do río Umia en Caldas de Reis ás 21.30 h.
- Xose Manuel Budiño e Sete Saias na explanada do Pavillón de Deportes en Xinzo de Limia ás 23:00 h.

Mércores 15:
- Charanga de Lembrazas da Ría, Café Caxaca, Renato Spencer e Tino Baz na Festa do Naseiro en Moaña.
- Festas en Mourente.
- Dover na Praza da Ferraría en Pontevedra ás 22:30 h.
- Gala de O Fiadeiro no Parque do Cristo en O Porriño ás 23:00 h.
- Marful no parque da Xunqueira en Vilagarcía de Arousa ás 23:00 h.
- Sondeseu no escenario acuático do río Umia en Caldas de Reis ás 21.30 h.
- Milladoiro no Paseo do Malecón en Ribeira ás 23:00 h.

Xoves 16:
- Galicia Século 21 representa Isolma na Praza da Ferraría en Pontevedra ás 22:30 h.
- Danza de San Roque en Hío (Cangas) ás 12:30 h. e ás 19:00 h.

Venres 17:
- Ardentía, Brigada Victor Jara e convidados no Centro do Mar (Bueu).
- Pepe Vaamonde e John McSherry & At First Ligth Band na Praza da Ferraría en Pontevedra ás 22:00 h.
- Sondeseu no Aparcadoiro de Panxón en Nigrán ás 22.00 h.
- Quempallou e Entre Trastes en Paderne de Allariz (Ourense).
- Esmorga Folc en Bandeira (Silleda): Raigañas, A Gaita de Sarandón, Xochilmica, Anxo Lorenzo, John Mcsherry e Banda Potemkin.
- Fía na Roca na Praza da Torre en Redondela.

Sábado 18:
- Lembranzas da Ría nas Noites de Folclore na Praza das pontes en Cangas ás 22:30 h.
- Festival VilariñoFolc: Treixadura, Guezos, Freetanga e A Compañía de Ruido na Praia de Vilariño (Hío).
- Kepa Junquera e Faltriqueira na Praza da Ferrería en Pontevedra ás 22:30 h.
- Fía na Roca en Bandeira (Silleda).
- Mercedes Peón na Praza do concello de Baiona.
- XXVII Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Forcarei): “Os do luns” e “Pai da Cana”, Grupo de Danzas e Gaitas “Santiago Apostol” de Pamplona, Asociación Folclórica "O Fiadeiro", “Os Alegres”, IX Concurso de música tradicional “Avelino Cachafeiro”, “Biouteiro”, “ Crema de Gaita” e “ Ruxe- Ruxe”.
-Festival O Pino Folk (carballeira de Vimieiro-Lardeiros): Regueifeiros (Luis e Benito), A requinta de Xián, Os Carunchos
- Festival Irmandiño de Moeche: Balakandra, Pepe Vaamonde Grupo, Os Cempés e Triquel.
- Festival Pontelouco en Castro Caldelas: Os tres trebóns e o Vendaval do rosal, Fabulosos Cubatas e Fuckink brothers, Cuchufellos e Banda Potenkin.

Domingo 19:
- Fangoria na Praza da Ferraría en Pontevedra ás 22:30 h.
- Mercedes Peón en Tui.
- Renato Spencer e MacFeck, en Allariz.